21 feb 2013

O ANTROIDO






Este antroido foi moi divertido ainda que alguns non lles gustou moito porque os profesores obligaban a ter que bailar na pista de baile con seus compañeiros o con eles mesmos ainda asi hubo moita xente que se inflou a comer filloas e orellas a moita xente eso foi o que mais lles gustou. Aqui van algunhas fotos

CHOIVAS INFERNAIS









No colexio Brea Segade o recreo estase facendo unha tortura por culpa destas choivas tan fortes. Onte xa se prohibiu ir ao recreo e como estaban a ludoteca e a biblioteca cheas ata arriba facendo que todo o mundo se aburrira moito. Aproximadamente 120 rapaces apretados nunha soa planta sen poder facer nada. Moita xente, aparte dos profesores, espera que estes días de choiva terminen o antes posible para que os recreos non sexan tan aburridos. O sol é a única esperanza para os rapaces tan aburridos do colexio Brea Segade.

22 ene 2013

AUMENTA O ALUMNADO CON GAFAS EN SEXTO

Estes últimos anos no Brea Segade aumentaron os alumnos con gafas. Se antes, de 110 persoas que había, o 54% eran nenos con gafas, agora, de 110 persoas, o 78% de nenos levan gafas. Algúns din que é unha invasión de alumnos con gafas, outros que só é unha coincidencia que case todos os nenos as leven. Sexa como sexa, o único que todos sabemos é que case todos os alumnos do colexio levan gafas. Por exemplo, na clase de 6º,  de 21 nenos que son, 9 nenos levan gafas. A maioría deles son nenas. Pode ser que a maioría dos alumnos que levan gafas no colexio sexan nenas ou nenos. O que se intenta dicir é que se les isto e non tés gafas, estate moi alerta e, como se acostuma a dicir, estate atento ao teu redor!


15 ene 2013

A PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE NADAL

Este ano o festival de Nadal do Brea Segade foi presentado por un sketch por algúns nen@s de 6º. A actuación de Helena, Alonso, María, Alba, Irene, Diana e Antía gustoulle moito á xente. O sketch foi moi divertido e case todas as persoas do público estaban rindo. Non fallou nada e foi moi ben todo. A parte que máis lles gustou aos nen@s de 6º foi cando Alonso, o pai no sketch dicia "Asúcarrr!!!" bailando e rumbeando. Os personaxes que interpretaban os nen@s no sketch eran: Helena a nai, Alonso o pai, Alba e María as fillas, Irene a veciña e Diana e Antía as fillas da veciña. En resumo, o sketch estivo moi ben e resultou un éxito.

9 ene 2013

JOVI METAL

Rock and Roll!! A actuación do grupo máis duro de Campomaneiro foi un éxito tan incríble que ata os fans cantaban con eles. Fixeron unhas pancartas que demostraban que eran fieis ao seu grupo favorito, JOVI METAL.
No festival presentaron unha canción chamada "O rotulador". O grupo levaba xa varias semanas preparándoa para o evento.
A continuación deixámosvos o videoclip do tema  "O rotulador". Que o disfrutedes!


8 ene 2013

UNHA ÁRBORE RECICLADA

No noso colexio temos tanta imaxinación que se nos ocorreu facer unha árbore de nadal con botellas de plástico recicladas. Mirade que chula quedou!

NO TEMPO LIBRE DE SEXTO

Sexto, no seu tempo libre, aproveita para facer vídeos e demais. Aquí van algúns vídeos de sexto, aínda que os fixermos con axuda de rapaces doutros cursos. Nestes vídeos ides ver imitacións das noticias, programas de entrevistas, etc. Bueno, espero que vos gusten os vídeos.
Podedes velos todos na páxina do TBS channel do equipo de TICs do cole.